Polaqia en Ourense


Este sábado 8 de Outubro, as 17:00h, na librería "Sindicato del Cómic" (R/Doctor Marañón, 15, Ourense)
terá lugar, dentro do marco das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, a presentación, por parte de varios membros do colectivo Polaqia,
das súas últimas novidades editoriais.

Polaqia é un colectivo de autores de BD independente e autoxestionado, que leva editando tebeos dende o ano 2001 en galego e con distribución e venda en todo o Estado, e que, como xa anunciamos en Xullo deste ano, deixará de existir o 31-12-2011, xa que consideramos que os obxetivos que nos fixamos en 2001 están cumpridos con creces ao profesionalizarse dentro do sector da Banda Deseñada moitos dos nosos membros, tanto a nivel galego coma estatal e internacional e o acadar importantes consideracións coma dous premios no salón do Cómic de Barcelona (Premio da Crítica e do público ó mellor fanzine por Barsowia) ou o Premio das Xornadas de BD de Ourense.

A misión de Polaqia está cumprida, a viaxe está a punto de chegar o seu fin, pero todavía, de aquí a fin de ano, gardamos varias sorpresas editoriais para os nosos lectores, varias das cales son xa as que se presentan este sábado na cidade das Burgas gracias a colaboración das Xornadas de BD de Ourense e a librería Sindicato del Cómic.

Agardamos que esta información sexa do voso interese e pregamos a máxima difusión que lle poidades dar.

Una aperta grande dende Barsowia!!

(Adxuntamos cartel do evento)

+ INFO:  




---
(Remitido por David Rubín).

No hay comentarios:

Archivo del blog